Rúa Nova, 5
Folgoso do Courel

27325 Lugo

Teléfono: +34 982 433 026

                 +34 615 296 805

  • Facebook
  • Instagram

© 2017 Delicias do Souto

Luns - Sábado:  10:00 - 20:00 ​​Domingo:  10:00 - 14:00

EMPRESA:

HORARIO:

CONTACTO:

INFORMACIÓN LEGAL:

QUEN SOMOS?

Delicias do Souto nace no ano 2006 co fin de redescubrir o produto máis tradicional do interior de Galicia, a castaña, e así contribuír a manter vivos os nosos soutos, presentes desde tempos inmemoriais na nosa tradición e cultura.
 

A castaña galega é un produto ecolóxico con extraordinario sabor, cuxo orixe se remonta á chegada das lexións romanas, alá polo século I d.C., sendo as responsables de introducir o seu cultivo no país. A cultura e tradición galega deulle moitos usos e significados á castaña ao longo da historia, chegando mesmo a utilizalas como talismáns máxicos.

Os nosos doces están elaborados de forma artesanal e con productos totalmente naturais, sen facer uso de ningún tipo de conservante, colorante ou adictivo artificial. A materia prima protagonista de todos eles é a castaña, sendo manipulada en diferentes variantes: seca, cocida ou en fariña. Todas as nosas recetas inspíranse na cociña popular de Galicia.