Delicias do Souto, S.C, nace nas montañas do Caurel para dar saída a un producto natural, rico e abondoso de esta zona como é a castaña transformada en dulces.
O castiñeiro, xunto co carballo, ocupa un lugar destacado na cultura do pobo galego; ademais de ser un elemento paisaxístico de gran beleza foi, e as veces segue sendo, a despensa para o labrego das rexions máis desfavorecidas en tempos de fame.
Desde fai algúns anos os bosques de castiñeiros están en claro retroceso por iso nos queremos demostrar que o crear unha empresa de transformación de castañas os soutos centenarios do Caurel pódense recuperar e, ó mesmo tempo, facerlle ver os veciños de esta zona que se pode sacar rendemento a un producto que temos a man e que non require moito traballo durante o ano.
A idea xurdiu porque desde fai anos no noso Concello celébranse dúas festas para honra-la castaña: unha é polo mes de novembro e a outra no de decembro; esta última é unha demostración de como se secaba e preparaba para garda-lo resto do ano, máis coñecida por castaña seca ou pilonga. Esta última é a que nós precisamos para facer os nosos doces.