Este é o noso producto estrela. Está destinada sobre todo para a sobremesa. Está elaborada con castañas secas cocidas o que lle dá unha textura moi próxima a un pudin que a un biscoito. Ó non levar ningún tipo de fariñas é tolerado perfectamente polas persoas que non toleran as fariñas.
A súa presentación faise nunha caixa alongada con un peso neto aproximado de 650 grs.
Á hora de comela pódese acompañar con outros doces como o chocolate, tona, marmelos de froitas, etc.. así como tamén con productos salgados tales como requeixo, queixo fresco ou incluso con queixos curados.